Nas distintas edicións a Feira de Paderne contou con numerosa afluencia de público, aumentando cada ano no seu número.
A procedencia das persoas e de moi diverso tipo, tanto de habitantes do concello, veciños de localidades limítrofes, como de moito turistas que acoden a Galicia no verán. Así mesmo, abárcanse distintos grupos de idade, xa que si ven, persoas de mediana e avanzada idade soen acudir a este tipo de eventos, a realización de determinadas actividades como o concurso de cans ou a proba hípica atraen a mozos e nenos.
AUTORIDADES
"A inauguración oficial da Feira conta sempre coa visita de distintas autoridades que acoden previamente a unha recepción que se fai na Casa do Concello.
A estas pasadas edicións da Feira acudiron varias personalidades como o Presidente da Xunta, Conselleiros e o Presidente da Deputación de A Coruña.
O vindeiro día 5 de xullo, para a inauguración oficial desta novena edición da Feira de Paderne, está confirmada a asistencia do Delegado do Goberno en Galicia."