A sección de alimentación está ubicada nunha carpa central do recinto. Nela teñen cabida distintos expositores, principalmente de negocios do Concello. Unha queixería, con queixo fresco e curado, unha panadería, con doces, empanadas e pan e viticultores, na súa maioría dentro da denominación de Viño da Terra de Betanzos son os máximos expoñentes da nosa gastronomía da que os visitantes dan boa conta en cada unha das edicións da Feira de Paderne. Ademais destes negocios do concello, nesta sección tamén atopamos , expositores de alimentación doutros concellos da comarca. Neste apartado gastronómico, á parte das degustacións que durante os dous días realizan os distintos expositores, o Concello realiza unha degustación gratuíta de empanada, queixo, doce, viño e queimada na primeira xornada da Feira, e unha degustación doutro producto de Paderne, a tenreira, na xornada do domingo. É a sección na que se atopan máis expositores, xa que nela teñen cabida os distintos negocios do Concello que desexan expoñer os seus productos ou traballo Dado a demanda existente, esta sección ampliouse nos últimos anos, a negocios doutras localidade que ven nesta feira unha plataforma para dar a coñecer a súa empresa na comarca. É tamén unha feira moi solicitada para todos aqueles negocios que están a comezar, xa que dado a afluencia de visitantes, e mesmo doutros negocios participantes na feira, serve para presentarse ante posibles clientes. Nesta sección podemos atopar unha ampla variedade de negocios, carpinterías, fontanería, pirotecnia, carpintería metálica, subministros industriais... O igual que noutras seccións, os expositores realizan demostracións dos productos ou servicios presentes na feira completando o programa de actividades, tales como: demostración de cote por plasma e soldadura demostración de photón terapia demostración de motoserraso: A sección de artesanía comezou coa exposición de traballos de asociacións do concello que expoñían unha vez ó ano os traballos realizados o longo do curso nos distintos obradoiros nos que participaban. Posteriormente, esta sección foise ampliando, dando cabida a distintos artesáns que solicitaban ter un espacio na Feira no que expoñer o seu traballo. Estes artesáns, ademais de expoñer o seu traballo, realizan obradoiros nos que amosan como conseguen o producto final. Neste sentido, podemos atopar obradoiros de cestería, alfarería, encaixe de bolillos, coiro, pintura ou realización de figuras con asta de boi, os cales se recollen no programa de actividades e contribúen a dinamizar a Feira. A flor conta cunha sección específica, dado significativo número de floricultores que existen no municipio. Neste sentido, cabe destacar que Paderne é o concello que conta con maior número de explotacións adicadas o cultivo de flor baixo abrigo de toda a comarca. Nesta sección, o Concello organiza unha exposición de flor na que participan a meirande parte dos floricultores do municipio, na que cada un expón unha pequena mostra da súa producción Compoñen tamén esta sección expositores de empresas relacionadas con este producto que se adican a súa producción e comercialización, ou unicamente a comercialización. A sección de gandería ,o igual que a sección de flor, conta cunha exposición organizada polo concello que reflicte a importancia deste sector no noso municipio. Para elo, cada gandeiro selecciona unha ou dúas novillas que prepara para a súa posterior exposición nos días da feira, o cal require esforzo e adicación dos gandeiros e de expertos colaboradores que realizan as labores necesarias para a súa presentación como amestralas, lavalas e pelalas. Na carpa de gandería podemos atopar unha pequena exposición ovina con diferentes razas de ovellas e que tamén forma parte do programa de actividades coa demostración do trasquilado de ovellas. Nas diferentes edicións da Feira de Paderne, puidemos observar nesta sección unha representación doutras especies animais, como avestruces, cabalos, búfalos, polos ou animais en perigo de extinción o cal provoca que esta sección esperte gran interese entre os mais cativos. A Feira de Paderne conta cunha sección de horta na que se quere amosar a importancia que este cultivo ten no noso Concello. Nesta sección expóñense productos de tempada ou ben de cultivo baixo abrigo típicos do concellos como pementos, tomates, xudías, patacas ou os coñecidos repolos e cebolas. Aínda que no Concello está presente a agricultura convencional, nesta sección tamén podemos observar productos de agricultura integrada ou a agricultura ecolóxica, para o cal se conta coa presencia de productores que se adican en exclusiva a estas modalidades. Composta por distintos expositores de viveiros, coa intención de representar a importancia da riqueza forestal de Paderne. Ademais de diferentes viveiros que amosan as diferentes plantas ou especies atopamos tamén expositores de maquinaria forestal e/ ou ornamental que realizan demostracións da maquinaria exposta, como pode ser a pela de troncos ou o funcionamento de desbrozadoras.
Esta sección atópase, a diferencia das outras seccións presentes na Feira , ó aire libre. Nela expoñen diversas casas de maquinaria agrícola do noso concello así como doutros concellos e mesmo doutras provincias chegando a ser, nos últimos anos, unha exposición que non ten nada que envidiar a das outras feiras internacionais celebradas na nosa Comunidade. A exposición de maquinaria propiamente dita, na que se inclúen diversas casas de maquinaria agrícola, forestal ou de xardinería, así como grúas e vehículos, e acompañada de demostracións. Neste ámbito, podemos observar o funcionamento do material exposto con distintas demostracións: demostración de grúas demostración de maquinaria forestal coa tala de troncos demostración de desbrozadoras demostración de cortacéspedes demostración de corte con machado e motoserra e tala de figuras en madeira outras demostracións da maquinaria exposta mais novidosa