g1

Como Alcalde de Paderne, é para min un pracer saudarvos en nome de toda a Corporación do noso Concello e desexarvos unha boa Feira.

Paderne é xa un referente ineludible para profesionais e comerciantes da Comarca das Mariñas.

A Feira de Paderne celébrase o primeiro fin de semana de xullo, cun programa que dinamiza os sectores de alimentación, gandería, horta, flor, forestal e maquinaria.


Ademais queremos que estes días os padernenses e persoas que nos visiten gocen das actividades que programamos.

As probas caninas e hípicas poñerán a nota lúdica da Feira, onde non faltarán demostracións e obradoiros de diversas actividades.

O traballo dos homes e mulleres do noso Concello servirá para apuntalar este Paraíso entre ríos no que estamos todos a traballar.

 

¡Benvidos a Paderne!
D.César Longo Queijo, Alcalde de Paderne

accesibilidade

Teléfono:981 79 70 01/981 77 63 02 | Fax :981 79 70 35|email::correo@paderne.dicoruna.es
|Horario de 8 ½ a 2 ½ . de luns a venres.