Neste equipo atopamos:
- Responsable da área de protocolo.
Persoa encargada da relación cos medios de comunicación así como de todos os aspectos relativos a invitacións e recepción de autoridades.
- Responsable da área de mantemento
É o encargado de que tanto na montaxe, como na celebración da feira todo funcione correctamente no relativo a infraestructura mesma da feira.
- Responsable da área de actividades
E a persoa encargada de organizar o amplo programa de actividades que ten lugar durante o transcurso da feira.
- Responsable da área de información
Trátase da persoa o fronte da información durante o transcurso da feira así como todo o que este departamento conleva de posta a venta de material promocional da feira.
- Responsable da área de expositores
É a persoa encargada da relación cos expositores participantes na feira, tanto nos meses anteriores, como durante o transcurso da mesma.
Este equipo, reúnese periodicamente nos meses anteriores a celebración da Feira, para tratar distintos aspectos relativos a mesma , tanto individuais de cada departamento, como no seu conxunto, sinalando posibles novidades e buscando, en todo caso, a mellora da mesma.
Acompañando a este equipo atópase un grupo de persoas, adscritos a cada área, que participan na montaxe e celebración da feira e fan posible que todo funcione correctamente.
A Feira de Paderne, e pois, un evento no que participan un nutrido e variado grupo de persoas que fan posible a súa celebración, unidos baixo un espírito de equipo na procura da súa finalidade, o desenvolvemento e promoción económica do noso concello.
|