O concurso de cans realízase dende a primeira edición da feira de Paderne e continua na actualidade dado a aceptación que esta actividade ten entre os visitantes. A ela acoden numerosas persoas para presentar os seus cans no concurso para que o resto de visitantes poidan admirar a beleza ou habilidades das súas mascotas.
O concurso conta con distintas categorías e premios para cada unha delas.
A inscrición dos exemplares no concurso é gratuíta.
Os membros do xurado non poderán presentar ningún animal ó
concurso.
O xurado poderá declarar desertos aqueles premios nos que considere
que os participantes non se axustan ás condicións debidas.
A organización da FEIRA DE PADERNE non se responsabiliza nin se fai
partícipe do veredicto final do xurado.
As decisións do xurado son irrevocables.
A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.
Á entrada do recinto, os animais deben ir co seu correspondente bozal e
dirixirse ós lugares que a organización lles indique, estando separados
os exemplares machos das femias.
Os donos son os responsables do comportamento dos seus animais.
Segundo a Normativa vixente, é preceptivo para tódolos exem-plares a
exhibición da súa correspondente cartilla ou documento sanitario de
acompañamento. Sen esta documentación non poden entrar no
recinto.
Haberá auga para refrescar ós cans no caso de que a temperatura do día
así o requira.
Teléfonos do Concello de Paderne: - 981 797 001 981 776 3022